Preparan o iFreeTablet coma unha alternativa libre ao iPad
venres 29 de xaneiro do 2010, por | |
| Compartir |
Aproveitando a
cobertura mediática que acadou o iPad de Apple, o Grupo EATCO da Universidade
de Córdoba, a Fundación Rede Especial España (FREE) e a Asociación de Entidades
de Tecnoloxía de Apoio para a Autonomía Persoal (AETAP) en colaboración con
CPMTI S.L. e CIMA S.L. presentaron un produto na mesma liña, o iFreeTablet, baseado en software
libre e apto para uso educativos profesional e lúdico por parte de calquera
persoa, aínda que deseñado
para que persoas con dependencia poidan utilizalo con certa facilidade.
Este ordenador ultraportátil de baixo custo con formato de tablet ten unha pantalla táctil de 10,2 polgadas cunha resolución
de 1.024 x 600 píxeles, opera cun procesador Atom N270 a 1,6 GHz, disco duro de
160 Gb, Ethernet, Wi-Fi, cámara de 1,3 Mpíxeles, 3 portos USB, saída VGA,
lector de tarxetas de memoria, opción 3G, unhas medidas de 28 x 18 x 0,24
centímetros, un peso de 1,03 quilogramos e unha autonomía de 2,5 horas.
O equipo xa pode
reservarse, e agardan que o seu prezo estea entre os 300 e os 400
euros, aínda que non concretan a súa data de lanzamento.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














