
Como dixemos, Smarnet encamíñase a afianzar a xestión da nosa costa no ámbito intelixente. “Preténdese”, sinala SIVSA, “dar forma a unha plataforma baseada na tecnoloxía Fiware que dea soporte ao desenvolvemento de aplicacións e servizos asociados ao ámbito litoral-costeiro, tanto para o ámbito profesional como para o público xeral”.
Segundo engade a empresa, “a día de hoxe existen múltiples fontes de información relacionadas co mar nos ámbitos da pesca, a loxística e o transporte, a navegación deportiva, o turismo ou o medio ambiente e a meteoroloxía. Polo tanto, Smarnet preséntase como unha plataforma que permite “unificar o acceso a estes datos e crear aplicacións de valor engadido dunha maneira sinxela, estandarizada e flexible en relación a cambios e adaptacións outras contornas”. Con este último obxectivo, o proxecto conta coa “importante colaboración” de centros tecnolóxicos como o Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) e o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións (Gradiant).
Con este proxecto, SIVSA quere dar un pulo ao seu espallamento no ámbito do mar coa achega de servizos e solucións avanzados, “afianzando unha apreciada experiencia neste sector, avalada pola propia Administración galega”, engaden fontes da firma galega.
Pulo ao proxecto Smarnet para levar o concepto smart ao noso litoral
Compartir Este Artigo
