Qualcomm presenta o procesador Snapdragon 821

luns, 11 de xullo do 2016 Marcus Fernández

Os procesadores Qualcomm Snapdragon 820 son actualmente o estándar nos smartphones de alta gama, pero o seu fabricante, consciente das cada vez máis elevadas esixencias do mercado, xa está a traballar en mellorar a potencia destes procesadores, e así presentan agora o procesador Snapdragon 821, que supón un incremento de velocidade, unha mellora no consumo de enerxía e un maior rendemento en aplicacións.
Qualcomm estima que o Snapdragon 821 mellora un 10% o rendemento con respecto ao Snapdragon 820, podendo conseguir velocidades de até 2,4 GHz e, fronte o que poida pensarse, non estamos ante un procesador que substitúa ao anterior, senón que simplemente servirá para ampliar a gama 800 de Snapdragon, para que os fabricantes teñan máis opcións de elección á hora de configurar os seus dispositivos, confiando en que o 821 sexa o procesador elixido para moitos dos dispositivos que sairán na segunda metade do ano e que estarán orientados a satisfacer necesidades para tarefas de alto rendemento como os cascos de realidade virtual.

PUBLICIDADE