Son Goku, Naruto, Arale, Seiya e moitos máis personaxes de animación daranse cita nun único xogo de loita
xoves, 16 de abril do 2015
Dende
BANDAI NAMCO queren achegar a Europa xogos que en non poucas ocasións limitaban
a súa distribución ao mercado xaponés, como J-Stars Victory Versus+, un tÃtulo
de loita con personaxes sacados do manga e o anime que poderÃan considerase demasiado nipóns, pero que finalmente
pesaron dabondo como para que decidisen que o
26 de xuño vaia chegar a Occidente en versións para PS4, PS3 e PS Vita.
Este tÃtulo permite mesturar en intensos combates a personaxes de series tan
coñecidas como As Bolas Máxicas, Naruto, One Piece, Bleach, Jojo’s Bizarre Adventure, Kenshin, Los Caballeros del ZodÃaco, El
Puño de la Estrella del Norte, O Dr.
Slump e Arale e moitos outros, no que moitos afeccionados da cultura
audiovisual xaponesa considerarán un soño feito realidade.
Para que poidamos facernos unha boa idea do que ofrecerá este tÃtulo veñen de
publicar un novo trailer do mesmo: