Sony confÃa en que LittleBigPlanet dispare as vendas da PS3
luns, 11 de agosto do 2008
AÃnda que os xogos Metal Gear Solid 4 e Grand
Theft Auto IV foron grandes impulsores das vendas da PlayStation 3 en todo
o mundo, Sony ten moitas esperanzas na agardada creación que verá
a luz no mes de outubro e que é LittleBitPlanet, un xogo de
Media Molecule protagonizado por uns bonecos feitos de tea de saco que non
estará tan dirixido aos xogadores hardcore
senón que apostará por un público máis xeral.
O produtor do xogo, Eric
Fong, declarou que «vai ser un
vendeconsolas» pois este tÃtulo exclusivo para PS3 que entra no
xénero das plataformas ofrece moito máis, como a posibilidade de que os
usuarios creen os seus propios contidos (coma niveis do xogo) polo que a
diversión serÃa pouco menos que ilimitada.
A chegada de LittleBigPlanet tamén está
a ser moi agardada polo mero feito de que se trata dunha novidade absoluta, xa
que os últimos éxitos para as consolas de nova xeración se limitaron a ser
secuelas de grandes sagas coma GTA, FIFA ou Guitar Hero.
Un dos diversos trailers do agardado LittleBigPlanet