Torus, Appentra e Xuntos impóñense no novo certame de proxectos innovadores da USC
luns, 24 de xuño do 2013
- Os galardoados pola Universidade de Santiago nunha imaxe de Alfonso-Servimav
Torus,
Apprentra e Xuntos foron
finalmente as iniciativas que se impuxeron na edición número 13 do
Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC
nas categorías de Mellor Empresa de Base Tecnolóxica, Mellor
Empresa Nova
e Muller Emprendedora, respectivamente. Os premios,
informa a Universidade de Santiago,
entregáronse este venres 21 nun acto no salón
reitoral
do Colexio de San Xerome que presidiu o vicerreitor adxunto de
Investigación e Innovación, Pablo Ramil. O galardón
á mellor
iniciativa
tecnolóxica está dotado con 2.000 euros e ata 24.000 euros de
financiamento mediante préstamo participativo ofrecido por Unirisco;
o
de
mellor empresa nova
con 2.000 euros e o de muller
emprendedora
tamén
con 2.000
euros.
Torus
Software Solutions é unha iniciativa que busca dar continuidade
ao proxectos que se veñen desenvolvendo na Universidade da Coruña
dende 2011 co lema High
performance computing for high performance trading. O seu
obxectivo será a comercialización de solucións de software HPC
(Higher Performance Computing), baseadas en Java, dentro dos sectores
financeiros, enerxía, telecomunicacións ou defensa, entre outros,
en contornos onde o nivel de latencia das comunicacións é un
elemento crítico dentro do sistema de información e do propio
negocio das compañías. “As solucións presentadas por Torus”,
informa
a USC,
“permiten
eliminar actuais limitacións da máquina virtual de Java
incrementando a velocidade de comunicación e permitindo o uso desta
linguaxe en contornos de HPC, obtendo altos rendementos de
computación”. Torus
vén da man do
doutor en Física da USC, Ramón Doallo; polos doutores en
Informática pola Universidade da Coruña, Guillermo López Taboada e
Juan Touriño; e por Robin Harker.
No
apartado de
Muller Emprendedora, a proposta gañadora foi Xuntos,
unha entidade dedicada á atención, formación, investigación e
prestación de servizos no eido
da
saúde mental, constituída por un equipo multidisciplinar de
profesores universitarios e persoal académico con formación de
doutoramento nas áreas da Psicoloxía, a Psiquiatría, a
Xerontoloxía e a Neurociencia. O obxectivo é proporcionar servizos
de calidade, baseados na experiencia docente e clínica e nos
resultados derivados da investigación.
Na
modalidade de Empresa Nova,
o premio recaeu
como dixemos
en Appentra, de Manuel Carlos
Arenaz, Jorge Allo e Mª Rosa Vázquez, da Universidade da Coruña.
Appentra, da
que temos falado en Código Cero para amosar os
apoios recibidos polo CDTI e a propia
UDC,
é unha spin-off
da Universidade coruñesa, cualificada como IEBT pola Xunta de
Galicia, que traballa no desenvolvemento de software de alta calidade
e tecnoloxía avanzada que posibilita un uso extensivo das técnicas
de computación de alto rendemento
(HPC) en todas as áreas da enxeñaría, a ciencia e a industria.
“Dende
un punto de vista técnico”,
informa
a Universidade de Santiago,
“o
obxectivo xeral é o desenvolvemento de tecnoloxías que permitan a
construción dun novo compilador auto-paralelizador fonte a fonte
orientado ao mercado HPC denominado ParallWare; deste
xeito
búscase
aumentar o grado de automatización do proceso de desenvolvemento,
mellora e migración de aplicacións secuenciais aos modernos
sistemas HPC baseados en procesadores multi-core e many-core”.
Mediante este proxecto ponse en valor unha nova tecnoloxía
disruptiva e exclusiva de Appentra, que proporciona unha solución
técnica potente e moderna ao gran reto da paralelización automática
de aplicación HPC.