Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone estreará o 4G na banda dos 800 MHz en Ourense
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Telefonía

Vodafone estreará o 4G na banda dos 800 MHz en Ourense

Marcus Fernández
Publicado: 16/07/2015
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

vodafone_4g_800mhz.jpgO uso da banda larga móbil 4G a través da banda dos 800 MHz vai comezar a implantarse en España a partires do 20 de xullo, acompañada cunha campaña informativa, e Vodafone dá conta de que a primeira cidade española á que dará cobertura total de 4G nas frecuencias liberadas polo dividendo dixital non será outra que Ourense, que será o punto de partida do despregamento do 4G de calidade en Galicia.
Tras o acendido das novas frecuencias en Ourense irase pasando a outras estacións emisoras galegas, procedemento que terá lugar de xeito progresivo para poder paliar as posibles incidencias que poidan xurdir, principalmente no que se refire ás interferencias nalgunhas instalacións de TDT, para o que organizouse a campaña llega800 que facilitará os recursos para que todos os cidadáns poidan continuar a ver a TDT sen problemas tras a chegada do novo 4G.
O 4G na banda dos 800 MHz supón importantes melloras de cobertura, especialmente nos interiores dos edificios, que sería aproximadamente o dobre da actual, á vez que tamén ampliaría as frecuencias dispoñibles, ou sexa, incrementando a capacidade da rede de datos móbiles.
Vodafone leva implantando o 4G en España dende maio de 2013, chegando ata o 80% da poboación española e con máis de 3 millóns de clientes que fan un aproveitamento efectivo desta tecnoloxía e, aínda que xa chega a todas as poboacións de máis de 50.000 habitantes, no resto aínda está a mellorar as súas infraestruturas, chegando xa a preto do 95% das poboacións de entre 50.000 e 20.000 habitantes, ao 79% das poboacións de entre 20.000 e 10.000 habitantes e ao 33% das poboacións de entre 10.000 e 1.000 habitantes.

Contidos
  • Grandes vantaxes para Galicia
  • Reforzo de cobertura 4G en Galicia

Grandes vantaxes para Galicia

amtega_4g_ourense_01.jpgAs vantaxes da nova frecuencia foron explicadas esta mañá nunha rolda de prensa na que participou a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, xunto co alcalde de Ourense, Jesús Vázquez e o director de Administracións Públicas e Grandes Contas de Vodafone España, César Cid.
A directora, destacaba que a conectividade a través de banda larga foi unha das prioridades establecidas polo Goberno Galego na primeira estratexia tecnolóxica da Xunta. Lembrou que en catro anos o Plan de Banda Larga cumpriu o obxectivo de facilitar o acceso a Internet en toda a Comunidade e achegou as redes de 200 Mbps a máis da metade da poboación.
Pereira sinalou que agora é preciso adoptar novas medidas para dar resposta á demanda de novos servizos dixitais e das prestacións máis avanzadas. Por iso, avanzou que o a finais deste ano, o Goberno galego aprobará o Plan de Banda Larga 2020 para conseguir que toda a poboación, así como os parques empresariais e polígonos industriais dispoñan de cobertura de redes ultrarrápidas de 30 Mbps.

Reforzo de cobertura 4G en Galicia

amtega_4g_ourense_02.jpgO director de Administracións Públicas e Grandes Contas de Vodafone España, César Cid destacou: “O noso compromiso con Galicia fai que elixísemos Ourense para iniciar o noso aceso da banda 800 MHz e que todos os ourensáns poidan ser os primeiros en gozar das vantaxes desta tecnoloxía. A aposta de Vodafone polo desenvolvemento tecnolóxico de Galicia é firme porque, sen dúbida, esta vía debe ser unha das claves do crecemento presente e futuro desta comunidade autónoma”.
Vodafone reforzou a cobertura en Galicia da súa rede móbil co obxectivo de garantir a mellor experiencia de usuario para os seus clientes. O investimento, directo e indirecto, que Vodafone España está a realizar en Galicia entre o seu exercicio fiscal pasado e o actual (do 1 de abril de 2014 ao 31 de marzo de 2016) acadará os 100 millóns de euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Telefonía

Galicia, á cabeza das comunidades que concentrarán maior número de emprazamentos 5G

17/11/2026
Telefonía

Telefónica deixará de ser a operadora obrigada a prestar o servizo universal de telecomunicacións

06/11/2026
Telefonía

R levará a 5G con Orange a lugares moi illados de Galicia

30/10/2026
primeira_satelite_vodafone-ast.jpg
Telefonía

Deutsche Telekom, Orange, Telefónica e Vodafone poderían aliarse para ofrecer telefonía móbil por satélite

19/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?