Xa podemos descargar as aplicacións móbiles para seguir os resultados electorais

xoves, 23 de xuño do 2016 Marcus Fernández

Ante a proximidade dos comicios electorais cómpre dar conta dos recursos oficiais cos que contaremos na xornada do domingo, que, aparte da pertinente páxina web oficial onde está centralizada toda a información sobre as Eleccións Xerais 2016, as ferramentas máis prácticas para os cidadáns serán sen dúbida as aplicacións móbiles oficias, de xeito que xa podemos descargar de balde a aplicación Elecciones Generales 2016 de Google Play, da App Store e da tenda de aplicacións para móbiles con Windows Phone 8/8.1 e Windows 10, estando adaptadas as versións para Android e iOS tanto a teléfonos como a tabletas.
Estas aplicacións móbiles permitirán consultar os resultados do escrutinio provisorio das Eleccións Xerais do vindeiro domingo, contando con información en tempo real e distintos niveis de segregación: Total Estatal, Comunidade, Provincia, Concellos e Distritos (nalgunhas cidades). Amósanse tanto o número de votos e a súa porcentaxe por circunscrición e amósase tamén o número de deputados e senadores electos.
Cómpre salientar que as aplicacións móbiles tamén permiten consultar os avances de participación e contan cunha interface localizada ao español, ao catalán, ao éuscaro e ao galego.

PUBLICIDADE