nVIDIA propón combinar gamepad e tablet para unha boa experiencia de xogo portátil
mércores, 23 de xullo do 2014
A proposta para o xogo portátil de nVIDIA que veu a luz
hai un ano como froito do Project SHIELD, está a mudar de forma de xeito
que á actual consola portátil con forma de gamepad de consola ao que se lle
incorpora unha pantalla de 5 polgadas e que actualmente véndese por
199 dólares padece unha especie de segregación, de xeito que agora adopta a
forma dun tablet con pantalla
Full HD de 8 polgadas e grande potencia que custará 299,99 euros e que pode
empregarse en conxunto cun mando semellante ao
dunha consola tradicional, que custará 59,99 euros (que curiosamente
conéctase a través de Wi-Fi Direct en vez do habitual Bluetooth), buscando asÃ
ser unha plataforma portátil un tanto distinta, que incluso poderÃa empregarse
en pantalla grande (conectando o tablet a un televisor). Estes produtos estarán
dispoñibles en 21 dÃas.
O SHIELD Tablet funciona cun procesador nVIDIA Tegra K1, 2 Gb de RAM, pantalla
de 8 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.200 pÃxeles, Wi-Fi N, Bluetooth
4.0, saÃda mini HDMI, cámaras de 5 MpÃxeles con HDR, lapis dixitalizador, potencia
dabondo para correr vÃdeo 4K e 2 modelos distintos: un básico con 16 Gb de
almacenamento interno que venderase a 299 dólares e outro máis avanzado con 32
Gb de almacenamento interno e conectividade LTE cun prezo de 399 dólares (que
sairá ao mercado un chisco máis tarde).
A plataforma nVIDIA SHIELD está pensada non só como unha solución para poder
gozar aos mellores xogos para Android con grande calidade, senón que tamén
permite que os usuarios de ordenadores con gráficas GeForce GTX poidan recibir
os seus xogos para PC mediante streaming
mediante a tecnoloxÃa GameStream. Ao contar con Android, tamén permite gozar de
contidos multimedia e aplicacións móbiles, polo que o lecer non se limitarÃa
aos videoxogos.
- nVIDIA SHIELD pode conectarse ao televisor para gozar dos xogos en pantalla grande
VÃdeo de presentación do SHIELD Tablet