Dous deputados socialdemócratas chilenos propoñen unha reforma na Constitución do seu país para incluír o acceso á Internet coma un dereito fundamental dos cidadáns, de xeito que tería a mesma consideración que “o acceso á agua potable ou á luz eléctrica”.
Esteban Valenzuela e Jorge Insunza consideran que “se debe garantir a conectividade ás redes dixitais e de información” e cren que é “necesario dotar a tódalas familias de Chile da conexión necesaria para ter acceso á Internet”, o que consideran que é só un problema de prioridades (xa que “se o Ministerio de Obras Públicas pode gastar 2.000 millóns de dólares en carreteras” tamén podería financiar tal iniciativa para rematar coa fenda social para o acceso ós medios).
Propoñen que o acceso á Rede sexa un dereito fundamental en Chile
Compartir Este Artigo
