Sony retirará unhas 416.000
cámaras dixitais do modelo Cyber Shot DSC T-5, das que 350.000 se terían
vendido en Europa e EE.UU. e 66.000 no Xapón. Segundo parece, as cámaras
devanditas que presenten un número de serie da listaxe publicada
por Sony teñen un defecto na súa carcasa que fai que unha peza metálica se
dobre podendo producir pequenas feridas nas mans dos usuarios. A substitución
das cámaras será sen custo de ningún tipo para os seus posuidores.
Sony retirará 416.000 cámaras defectuosas
Compartir Este Artigo

