Se ben PressDisplay.com achegaba a prensa mundial ó iPhone, agora é Texterity que permite consultar revistas dende o móbil de Apple, promocinando este novo servizo con 20 revistas de balde para esta plataforma que permite consultar os contidos das publicacións sen precisar de ningún software adicional.
Con este novo servizo crease unha plataforma de publicación de revistas aproveitándose da mobilidade de terminais coma o iPhone, sendo a primeira deste tipo para o teléfono que chegará a Europa despois do verán.
As revistas que se poden ler de balde (polo momento) dende o iPhone son as seguintes:

- The American Lawyer, ALM Media
- Baseline, Ziff Davis Media
- Cabinet Maker, Watt Publishing Company
- CIO Insight, Ziff Davis Media
- Cottage Living, Time, Inc.
- Craft, O”Reilly Media
- eWEEK, Ziff Davis Media
- Elite Traveler, Universal Media
- ID Magazine, F+W Publications
- Industry Week, Penton Media
- Make, O”Reilly Media
- Northern Home & Cottage, Prism Media
- Oracle Magazine, Oracle Publishing
- Popular Science, Bonnier Magazine Group
- Quest Magazine, Quest Media
- Quick & Simple, Hearst Corporation
- Every Day with Rachael Ray, The Reader”s Digest Association, Inc.
- Ready Made, Meredith Corporation
- Statement Magazine, EJJ Publications
- Taste of Home, Reiman Media Group
- Telephony, Penton Media
- Vibe, Vibe Media
- WoodenBoat, WoodenBoat Publications
Con esta nova oferta os editores teñen a oportunidade de experimentar unha fórmula que combina as revistas en formato dixital co acceso ás mesmas dende o móbil. Ademais, o formato presentado a través de Texterity parece satisfacer ó 88% dos lectores segundo unha enquisa realizada este ano, agardando conservar esta tendencia co non sistema de captación de lectores.
