O verán e a publicación de estudos curiosos (que non achegan ningunha información relevante) son dous conceptos que van da man, e como exemplo temos que dende a web de busca de emprego theITjob.com aseguran que o 72% do persoal de informática usa lentes.
Corrine Dauncey, da devandita web, suxire que “quizais os informáticos gusten tanto de traballar con ordenadores que continúen a usalos cando chegan a casa pola noite” o que podería afectar á súa visión de xeito que necesitarían lentes antes que o resto de traballadores das empresas.
Non é preciso dicir que a fiabilidade do estudo é mínima, non coñecéndose información algunha sobre a metodoloxía do mesmo nin da mostra empregada para a análise estatística. Dende The Inquirer non dubidan e bromear sobre o tema, considerando que este tipo de estudos nacen habitualmente da necesidade de xerar novas en período estival, no que consideran que se trata dun caso de idioticia amaurótica (para entendérmonos, unha parvada).
Un estudio asegura que o 72% dos informáticos usan lentes
Compartir Este Artigo
