San Diego (California, EE.UU.) acolle do 5 ó 9 deste mes a 34ª edición do Siggraph, unha grande feira da imaxe dixital, na que se poden ver as últimas innovacións tecnolóxicas e na que se atopan 230 distribuidores de produtos e máis de 25.000 participantes.
Nesta edición pódense ver a fondo películas coma Locos por el Surf, Shrek 3, Ratatouille, Spider-Man 3 ou Transformers, pero non só se amosarán grandes super-producións norteamericanas, presentándose alí o trailer da película de animación Donkey Xote, dirixida por Josep Pozo e producida por Filmax Animation e a italiana Lumiq, na que se narra de xeito humorístico a verdadeira historia de Don Quixote.
Vídeo de presentación do Siggraph 2007 |
Trailer en inglés de Donkey Xote |
