Lenovo,
o fabricante chinés absorbeu a división de informática persoal de IBM dende
primeiros de 2005 quere
facerse agora con Packard Bell, de xeito que melloraría a súa presenza no
mercado de ordenadores de consumo, no que está en terceira posición, loitando
duramente con Acer (fabricante que tamén procuraba a compra de Packard Bell).
A operación de compra do fabricante europeo por parte da marca asiática estaría
agora pendente das aprobacións pertinentes, aínda que dende Packard Bell aínda
non manifestaron nada ó respecto, pero que de completarse consolidaría a posición
de Lenovo fronte a Acer (compañía que chegou a arrebatar a terceira posición no
mercado da informática de consumo durante o primeiro trimestre do ano, aínda
que fugazmente).
Lenovo pretende mercar Packard Bell
Compartir Este Artigo

