
O pasado mércores o banco virtual Ginko que tiña 18.000 contas nas que se gardaban uns 190 millóns de dólares linden (uns 700.000 dólares americanos) non foi capaz de atender ás demandas de retirada de cartos por parte dos seus clientes, que xa non estaban interesados nos cartos virtuais agora que se prohibiron as apostas en Second Life, desmontándose o seu criticado modelo de negocio, que parece sosterse nunha estrutura piramidal, que permitía un 3% de interese trimestral grazas ás achegas de cartos de novos clientes, polo que ó cesar as altas se atoparon nunha situación crítica.
Dende Ginko aseguran que se recuperarán deste duro golpe, de xeito que os clientes que manteñan as súas contas no seu servizo poderían recuperar os seus cartos, o que resulta difícil de crer, especialmente se trazamos os paralelismos correspondentes con acontecementos semellantes na economía real.
Second Life vive unha crise semellante ó caso Afinsa-Fórum Filatélico
Compartir Este Artigo
