
As denuncias presentáronse ante o Instituto Nacional do Consumo, a Oficina Española de Patentes e Marcas e a Consellería de Economía e Consumo da Comunidade de Madrid (onde teñen as súas sedes sociais Google Spain e Yahoo Iberia, empresa ás que tamén se dirixiu FACUA para instalas a cumprir coa lexislación española).
A asociación de consumidores sostén que os buscadores publican ligazóns patrocinadas nos resultados de busca sen distinguilos axeitadamente coma contidos publicitarios, así como tamén advirte de que non evitan que nos resultados de busca aparezan marcas rivais ás buscadas, acadando beneficio económico os buscadores por ámbalas dúas prácticas.
Ademais, a publicidade dos buscadores non se publica só nas súas webs principais, senón tamén nos seus servizos (como o correo electrónico) e en webs de terceiros (que están afiliados ós programas de publicidade) o que incrementa a incidencia desta infracción da lexislación de publicidade e marcas.
No estudo realizado por FACUA constátanse feitos coma que a terceira parte das empresas de telecomunicacións, 2 de cada 3 axencias de viaxes e 2 de cada 10 entidades bancarias utilizan coma palabras chave para a súa indexación nos buscadores (ou para anunciarse) os nomes dos seus competidores, o que supón unha clara infracción da lexislación española como constitución de publicidade desleal, que sumado á publicidade enganosa, á publicidade mal identificada e ó uso de marcas rexistradas na publicidade contextual, fan que a inhibición dos buscadores a este respecto supoña todo un problema para as empresas máis prexudicadas por estas prácticas, así como para os consumidores.
FACUA denuncia as prácticas publicitarias en Yahoo e Google
Compartir Este Artigo
