Durante a conferencia de desenvolvedores C-4 celebrouse o concurso Iron Coder Live, que gañou unha orixinal solución que que permite facer vídeoconferencia entre 2 iPhone dun xeito moi intelixente, xa que a cámara do móbil de Apple está na parte dianteira do mesmo, polo que é preciso empregar unha especie de periscopio para capturar a imaxe do usuario.
Vídeo de demostración da videoconferencia no iPhone |
O orixinal invento captura a imaxe da cámara, a comprime e a envía a un servidor web que fai de pasarela para a súa recepción dende outro iPhone que tamén fai o mesmo, de xeito que se completa un proceso de videoconferencia algo rudimentario pero efectivo que debería chamar a atención da empresa de Steve Jobs, instándoa a incorporar dobre cámara ou unha cámara xiratoria nas vindeiras versións do iPhone (algo que xa fan a meirande parte dos móbiles 3G).
O invento que permite a videoconferencia dende o iPhone resulta moi rudimentario, de aí que a súa comercialización sexa difícil, pero resulta todo un exemplo de inventiva e imaxinación para solucionar problemas derivados dos problemas de deseño dalgúns dispositivos, que limitan as posibilidades dos seus usuarios por defecto conceptual.
