O servizo de mapas de Google está aberto dende o seu principio á súa utilización por parte dos usuarios para a súa personalización e á incorporación de novas funcionalidades, o que incrementou a súa popularidade, xa que moitos os aproveitaron para apoiar as súas propias aplicacións (coma o servizo que lanzou hai un par de semanas a DGT), pero agora calquera usuario poderá incorporar de xeito doado (e sen coñecementos de programación) os mapas en blogs e páxinas web cunha sinxela operación de copiar e pegar coma se fai cos vídeo de YouTube.
Para incorporar un mapa só hai que localizar en Google Maps a zona que queiramos publicar, picamos logo en “Establecer unha ligazón con esta páxina” e podemos acceder a un código sito baixo a lenda “Pegue HTML para incluílo nun sitio web”. O código xera un marco de 425 x 350 píxeles, tamaño que se pode modificar directamente no código para adaptalo ó formato das nosas páxinas web, coma no seguinte exemplo:
Visualizar o mapa ampliado
Google Maps xa pode incrustarse en blogs e webs de xeito doado
Compartir Este Artigo
