Un estudo publicado pola consultora Dimension Data
expón que a utilización de
mensaxes de correo electrónico no mundo laboral se converteu xa en habitual,
de xeito que está a suplantar o uso do teléfono.
Para concluír tal realizouse unha enquisa en 524 empresas de 13 países na que o
99,6% dos empregados declararon usar o e-mail nas súas comunicacións laborais,
contra un 80% o teléfono fixo, un 76% o móbil e un 66% a mensaxería instantánea.
O correo electrónico imponse no mundo da empresa
Compartir Este Artigo

