O vindeiro venres comezará a presentación de candidaturas para os premios BOBs (Best of the Blogs) en 15 categorías e que durará ata o 30 de setembro. Poderanse presentar blogs, podcasts e videoblogs de todo o mundo en árabe, chinés, alemán, español, francés inglés, holandés, portugués, persa e ruso, podendo propor calquera usuario ós seus favoritos blogs favoritos, aínda que o resultado final se decidirá por un xurado internacional composto por recoñecidos blogueiros, xornalistas e expertos en medios de comunicación.
Os premios xa contaron con forte presenza galega no pasado, recoñecéndose a Periodistas 21 (do betanceiro Juan Varela) coma o mellor blog xornalístico en español en 2004 e a La Huella Digital (de coruñés Nacho de la Fuente, que casualmente vive en Betanzos) coma o mellor blog en español de 2006.
Agardemos que nesta nova edición se repita o éxito galego doutros anos.
A presentación de candidaturas para os premios BOBs abrirase o vindeiro venres
Compartir Este Artigo

