
Segundo parece, os incautos curtocircuitaron a batería do móbil, ou sexa, que provocaron eles mesmos unha desas explosións que teñen algunhas baterías defectuosas de móbiles e portátiles.
Dende moitas webs recomendan que non se arrisque ninguén a facer este tipo de operación, e mesmo que non se fíe das liberacións do iPhone por software, pois están a aparecer moitos casos de persoas con móbiles supostamente libres que non están totalmente operativos e sempre queda a dúbida de que en actualizacións do iPhone se volva a bloquear o terminal.
Parece que haberá que ter paciencia e agardar uns meses a que o iPhone se venda en España para poder usalo, pois as aventuras coas importacións dos móbiles de Apple poderían saír moi caras.
Uns mozos fan esbourar un iPhone intentando liberalo
Compartir Este Artigo

