Durante o XXI Encontro das Telecomunicacións da Universidade Internacional Menéndez Pelayo celebrado en Santander, Alfredo Redondo, presidente de Alcatel-Lucent para a península ibérica, afirmou que no futuro “nos apoiaremos na web semántica, conceptual, multimedia e 3D” na que os personaxes virtuais se moverán por realidades aumentadas, mundos virtuais e especulares, en función dos nosos datos e hábitos, o que considera que será a web 3.0.
Redondo tamén expuxo varios dos retos para o mundo dixital como serían o acceso á banda larga a velocidades de 10 Gbps, a agregación de servizos capaces de xestionar prioridades, unha plataforma converxentes que proporcione servizos combinados e unha xestión integrada de rede.
O presidente de Alcatel-Lucent fai o seu prognóstico do que nos achegará a web 3.0
Compartir Este Artigo

