A guerra dos microprocesadores para ordenadores
persoais leva moitos anos producíndose, e pese a que Intel continúe a ser o
fabricante con máis sona, AMD conseguiu manter a súa posición líder no
mercado doméstico norteamericano co 51% do equipos grazas á súa política de
prezos (aínda que en portátiles Intel si que acada uns resultados magníficos).
Noutros mercados a situación e bastante dispar, e así, en Europa Intel conserva
o seu histórico liderado, mentres que en
China AMD está a acadar un crecemento moi importante replicando a situación
norteamericana, o que supón un duro golpe para Intel.
AMD supera a Intel en varios mercados
Compartir Este Artigo

