Sony Ericsson acadou un importante éxito
incorporando a marca Walkman ós seus teléfonos móbiles para destacar as súas
funcións multimedia, e agora que fabricantes coma Nokia apostan polos xogos nos
móbiles poderían atopar un oso duro de roer con Sony, pois podería levar a súa
marca PlayStation ós teléfonos celulares.
Segundo
o Financial Times, Sony Ericsson xa está a producir móbiles coa marca
Bravia (que permitirían acceder á televisión móbil no Xapón coa operadora NTT
DoCoMo) e a posibilidade de repetir a experiencia con PlayStation é moi
probable.
Sony Ericsson podería facer móbiles coa marca PlayStation
Compartir Este Artigo

