¿Podería a web 2.0 substituír á prensa tradicional na Rede? Pois un estudo do Proxecto para a Excelencia do Xornalismo (PEJ) comparou as cabeceiras máis importantes coas nova publicadas en redes sociais e atopou diferenzas notables, de xeito que poderiamos dicir que en vez de solaparse se complementan.
Os contrastes poderían deberse a que a xente nas redes sociais tende a difundir informacións do seu interese concreto, deixando un tanto de lado a actualidade xeral. Deste xeito, mentres os medios tradicionais falan da inmigración ou dos conflitos armados en Oriente Próximo, as redes sociais falan de temas máis triviais (ou, simplemente, ausentes na prensa), de xeito que a finais de xuño a nova máis relevante que coincidiu nos dous ámbitos foi o lanzamento do iPhone.
Iso non quere dicir que os participantes en servizos coma Digg, Menéame ou Chuza non lean as novas da prensa en xeral, senón que non queren escribir sobre as mesmas, de xeito que podemos afirmar que a chamada web 2.0 está bastante sesgada, e non parece supor ningunha ameaza para o xornalismo tradicional.
Certificado que as redes sociais non entran no feudo da prensa (só coinciden no 5% das informacións) queda aberto o debate de se é a prensa a que non está a atender realmente as demandas informativas do seu público ou se son as redes sociais as que foxen a temas sen importancia.
Un estudo pon de manifesto as diferenzas entre a prensa e a información promovida en redes sociais
Compartir Este Artigo

