A universidade californiana Pitzer College estreará no novo curso académico unha materia que tratará sobre o portal de vídeos YouTube, no que será un revolucionario experimento académico enfocado no potencial e límites da cultura dos medios dixitais.
Vídeo de presentación do curso |
Alexandra Juhasz será a profesora destas clases que terán lugar presencialmente os martes e xoves, pero os contidos das mesmas tamén estarán dispoñibles en YouTube, onde tamén estarán os traballos que fagan os alumnos, de xeito que tódolos contidos da material serán sobre o servizo de vídeo de Google e tamén se poderán consultar no mesmo.
Este curso, que comezou o pasado día 4, pretende ser rigoroso academicamente, aínda que os participantes no mesmo (35 alumnos) tamén o pasarán ben durante a súa formación, xa que será bastante dinámica e enriquecedora, xa que supón todo un reto para a análise das formas de expresión dixital, así como o seu control e propiedade, que tamén son moi discutidas.
A experiencia do curso tamén resultará moi interesante para a súa responsable, xa que Juhasz é unha declarada escéptica sobre YouTube, así como defensora dos medios democráticos, pero coida que hai que coñecer máis sobre «o potencial (e os lindes) da expresión en medios democráticos patrocinados por empresas».

