Un asturiano que tiña contratada a Tarifa Plana Everywhere de Orange sorprendeuse ó recibir unha factura de 4.987 euros derivados do uso da conexión de Internet unha noite enteira, pois a tarifa contratada tiña un límite de descarga de datos de 2 Gb tralos que se comezaba a facturar por Mbyte descargado.
Ante esta incidencia a operadora decidiu condonar a factura ó cliente coma un xesto comercial, pero a Unión de Consumidores advirte de que este tipo de incidentes deben servir de exemplo para os usuarios de servizos de telecomunicacións, que deberían estar sempre atentos á letra pequena das ofertas, e mesmo conservar a publicidade en caso de dúbida ante posibles reclamacións futuras.
Facturan preto de 5 mil euros a un asturiano que sobrepasou o límite da súa tarifa plana
Compartir Este Artigo

