O pasado domingo o presidente da Junta de Andalucía e candidato do PSOE á reelección, Manuel Chaves, anunciou o compromiso de que tódolos andaluces teñan o dereito, na vindeira lexislatura, de acceder a un servizo de Internet básico de 1 Mbps «de xeito gratuíto». Tamén procurará que «tódolos núcleos de poboación de Andalucía, sen excepción, terán infraestruturas suficientes para poder acceder á Internet de banda larga con garantías de calidade de servizo».
En relación a estas promesas electorais, o presidente do Partido Popular andaluz, Javier Arenas, declarou que «soa a broma, por non dicir directamente que é unha tomadura de pelo a tódolos cidadáns andaluces».
Arenas compara as promesas de acceso á Rede de balde con outras promesas anteriores coma vacacións gratuítas para as amas de casa ou a de 1 ordenador por cada 2 alumnos.
Chaves promete acceso á Internet de balde para os andaluces
Compartir Este Artigo

