Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Valedor denuncia o desleixo dos concellos en contra das antenas de móbiles ilegais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Telefonía

O Valedor denuncia o desleixo dos concellos en contra das antenas de móbiles ilegais

Fernando Sarasketa
Publicado: 18/02/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

antena_telefonia_mobil-2.jpgAs antenas de telefonía nas vilas e cidades seguen a xerar polémica. Por unha banda, temos ás asociacións veciñais, que seguen sen ver con bos ollos a proliferación nos espazos urbanos deste tipo de infraestruturas, sen acreditar ó cen por cen nos informes feitos polas operadoras nos que se asegura que son inofensivas para a nosa saúde. Pola outra, temos a estas empresas de telecomunicacións, que sosteñen que a habilitación das antenas é a única vía posible para ofrecer un bo servizo nas vilas e nas cidades.
A polémica remóntase xa ós primeiros tempos da chegada da telefonía móbil, e vense de reavivar estes días coa amoestación lanzada ós concellos galegos polo Valedor do Pobo, Benigno López, por considerar que non fan nada para rematar co funcionamento dunha boa parte destas infraestruturas, malia saber que non contan con licenza e, polo tanto, son ilegais.
Segundo informa El Correo Gallego, o Valedor cualificou a reacción dos gobernos locais fronte a este problema de “moi morna ou condescendente” e aproveitou para relembrarlles que ningunha destas e doutras instalacións poden seguir operando de non existir licenza.
Segundo expón o Valedor, a súa reacción responde ós centos de queixas que o seu departamento recibiu procedentes de asociacións veciñais de toda Galiza, preocupadas pola proximidade destas infraestruturas e polos indicios rexistrados de que poden chegar a producir doenzas, aínda que non exista unha certeza absoluta ó respecto (sexa como sexa, xa a Área de Toxicoloxía do Instituto de Saúde Carlos III recomendaba hai anos un mínimo de seis metros de distancia entre as persoas e estas infraestruturas). A xuízo do Valedor, é preciso levar á práctica o principio de precaución ou prevención aínda que non exista un estudo que amose definitivamente que si que son prexudiciais.
Para Benigno López, é especialmente preocupante que só nun ano, neste caso 2006, se tivesen constatado antenas operando de maneira ilegal en ata nove concellos do noso territorio, concretamente en Culleredo, Ferrol, Santiago, Tui, Chantada, Ares, Vigo, Porto do Son e Redondela.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Telefonía

WhatsApp facilitará a contratación de tarxetas eSIM de viaxe

27/11/2026
Telefonía

Galicia, á cabeza das comunidades que concentrarán maior número de emprazamentos 5G

17/11/2026
Telefonía

Telefónica deixará de ser a operadora obrigada a prestar o servizo universal de telecomunicacións

06/11/2026
Telefonía

R levará a 5G con Orange a lugares moi illados de Galicia

30/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?