
Segundo apuntan os dous devanditos profesores (que desenvolven o seu labor de investigación na facultade de Ciencias de Ourense) a iniciativa serviría para achegar a construción do láser máis potente do mundo e para afinar (asemade) mediante determinadas aplicacións na mellora da nosa calidade de vida. Por exemplo: achegando fontes de enerxía máis limpas e sostibles cás que temos na actualidade entre mans ou subministrando remedios eficaces e xerais para doenzas das que, a día de hoxe, só podemos recuperarnos en certas circunstancias, como é o caso do cancro.
Con todo, a cousa non fica aí. Para os devanditos mestres, que pertencen ó grupo de investigación de Óptica Física do departamento de Física Aplicada, os camiños científicos que achegaría un láser desta índole e envergadura (unhas 1.000 veces máis potente có Megajoule de Francia ou o National Ignition Facility dos Estados Unidos) non serían precisamente poucos, e tanto podería poñerse ó servizo da visualización de imaxes médicas como dar respostas a un deses problemas da humanidade que xa semellaba non ter solución: que facer cos refugallos sobrantes da enerxía nuclear?
O ELI, que representa a primeira iniciativa tecnolóxica dedicada en exclusividade ó estudo da interacción láser-materia, aínda non ten sede física. Calcúlase que o seu emprazamento se decida nas vindeiras semanas, e é moi probable que sexa habilitado en Romanía ou en Francia, os países europeos que máis interese teñen amosado por albergalo.
Científicos da Universidade de Vigo colaboran no deseño do láser máis potente do planeta
Compartir Este Artigo

