Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lugo tómalle o pulso á Administración Electrónica no eido local cunhas xornadas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Lugo tómalle o pulso á Administración Electrónica no eido local cunhas xornadas

Fernando Sarasketa
Publicado: 25/03/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

aula_telecentro_lugo.jpgA Rede é un eido aberto de experimentación e, en certa maneira, é como un gran espazo escuro do que só conseguimos alumear, polo de agora, pouco máis que o limiar da entrada. En materia de Administración Electrónica, tanto cidadáns como institucións estamos aínda en fase de prequecemento. Sabemos máis ou menos cara a onde hai que correr, pero apenas comezamos. Co fin de ir botando un pouco máis de luz sobre estas cuestións, a Universidade de Santiago e a Fundación Jaime Vera organizan este venres 28 en Lugo as xornadas Mellores prácticas no uso das TIC no ámbito municipal, uns encontros que servirán para avaliar polo miúdo o camiño andado e o que fica por andar.
Na imaxe, a aula de conexión á rede do Castiñeiro na cidade da Muralla.
Máis polo miúdo, o obxectivo das xornadas (que dan comezo ás 10.00 horas no Centro de Empresas e Innovación) é o seguinte: analizar o grao de implantación e as experiencias dos gobernos locais socialistas e as perspectivas de futuro en materia de incorporación de novas tecnoloxías nas administracións. Estes encontros, que son abertos pero que van especialmente encamiñados a cargos públicos e políticos do eido local e do universitario, contarán –entre outros- coa presenza dos seguintes participantes: Carlos Herrero, vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo; Elena Vázquez Cendón, directora da cátedra Jaime Vera de Emprendemento Social; María Ángeles López Cabarcos, directora da aula TIC-Pemes da USC e Francesc Romeu i Martí, director da Fundación Jaime Vera.
Como dixemos, as xornadas desenvolverase no Centro de Empresas e Innovación (CEI) e serán clausuradas ás 14:00 horas, polo alcalde de Lugo, José López Orozco; o director xeral para o Desenvolvemento da Sociedade da Información do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, David Cierco Jiménez de Parga, e o Presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro.
Os interesados en participar poden facer a súa inscrición a través da web da fundación ou chamando ao teléfono 9185812412. Tamén se ofrece información no enderezo de correo electrónico niera@fundacionjaimevera.org.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha xornada centrada na robótica social e as emerxencias

27/11/2026
Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?