Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Bruxelas permitiranos falar polo móbil a 3.000 de altitude
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Telefonía

Bruxelas permitiranos falar polo móbil a 3.000 de altitude

Fernando Sarasketa
Publicado: 07/04/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

avion_cabina.jpgBoas novas para os usuarios de aeroliñas e de teléfonos móbiles: Bruxelas vén de autorizar o emprego destes aparellos nos voos e en situacións de ata 3.000 metros de altitude. Así o fixo saber estes días a Comisión Europea, que está a preparar un paquete de medidas máis amplo sobre o emprego dos terminais nos desprazamentos aéreos, segundo sinala o semanario Focus. A iniciativa, que se presentará case con toda seguridade esta semana, posibilitará un boa parte das funcións principais do móbil: conversas de voz, envío de mensaxes de texto e transmisión e recepción de datos, e non só nos voos nacionais senón tamén nos que inclúan varios países na súa traxectoria.
Con todo, haberá que ter coidado ó empregar o teléfono neste tipo de desprazamentos, principalmente polo custo que pode supoñer. É dicir: o feito de que Bruxelas autorice o seu uso non quere dicir que as operadoras incluíse o uso dos servizos móbiles nas súas condicións de roaming. Dito doutro xeito: falar en altura, se non andamos con tino, pode achegar facturas en consonancia.
Con todo, cómpre sinalar que os primeiros pasos nesta liña de maior permisividade no emprego de terminais nos avións xa foron dados por algunhas compañías, como por exemplo Air France, que xa ten anunciado a opción de usar o móbil nun número concreto de desprazamentos por Europa do Airbus A318. Seguidamente, outras firmas como BMI ou Ryanair moveron ficha no mesmo sentido.
Noutra orde de cousas e dentro das medidas anunciadas pola UE en Focus, inclúese a fin da prohibición de promover na Rede e noutras canles os medicamentos que precisen de prescrición médica. No que si que non se ergue o veto é na publicidade destes produtos vía telefónica e do correo electrónico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Telefonía

WhatsApp facilitará a contratación de tarxetas eSIM de viaxe

27/11/2026
Telefonía

Galicia, á cabeza das comunidades que concentrarán maior número de emprazamentos 5G

17/11/2026
Telefonía

Telefónica deixará de ser a operadora obrigada a prestar o servizo universal de telecomunicacións

06/11/2026
Telefonía

R levará a 5G con Orange a lugares moi illados de Galicia

30/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?