
Tanto a Unidade como o sitio en liña, agora en certa maneira unha mesma cousa, encamíñanse tamén a converterse nun apoio para as investigadoras, nunha porta que se abre e con máis grupos de investigadoras agardando ó outro lado do limiar.
A posta en longo da web, froito dun traballo conxunto de Innovación, Educación e Igualdade (igual cá propia UMC), celebrouse onte de xeito oficial en Santiago, perante a presenza de Carme Adán, secretaria xeral de Igualdade. O espazo en rede, que tivo un orzamento de 20.880 euros, incorpora unha serie de recursos e de datos dirixidos todos eles a mudar a imaxe masculina que se ten da ciencia e da tecnoloxía, segundo indicou a secretaria xeral.
Estas son algunhas das ferramentas e informacións que inclúe e ás que devagar se irán engadindo outras directamente vinculadas á participación e á comunicación activa:
· Datos segregados por sexo e indicadores de desigualdade e investigacións da UMC.
· Instrumentos para a creación de redes e foros científicos.
· Información sobre convocatorias de Investigación e Desenvolvemento.
· Listaxe exhaustivo de científicas galegas ou que traballan en Galiza: figuran xa 80 directoras de grupo e tocando as máis diversas disciplinas das ciencias naturais, as experimentais, as da saúde ou as humanidades.
A ciencia das mulleres galegas, agora máis accesible vía Internet
Compartir Este Artigo

