Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Frikiroga: un festival convocado na Web para rehabilitar unha escola
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Frikiroga: un festival convocado na Web para rehabilitar unha escola

Fernando Sarasketa
Publicado: 29/04/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

frikiroga.jpgNa Web pódese rehabilitar cultura. E cando falamos de cultura falamos de moitas cousas, incluída arquitectura popular galega. Diso, de empregar a Internet como instrumento de cantería é do que trata unha iniciativa veciñal do concello lucense de Quiroga. Con todo, e tal e como se relata estes días en A Voz, o papel da Web neste caso é máis ben un papel de convocatoria, e tamén de ucha par ir de porta en porta, pero sen ter realmente que facelo (vantaxes da Internet). O caso é que os veciños queren rehabilitar a antiga escola unitaria de Soldón de Seara (xa no Courel), que foi construída en 1940 e fica en abandono dende 1974. A idea: poñela a disposición da comunidade, igual “cós montes”.
Con este motivo, habilitouse na Rede un espazo chamado “Frikiroga”, que é como se define o festival organizado para recadar fondos para o devandito traballo de posta en valor.
Detrás do proxecto están un grupo de mozos e mozas comprometidos non só co patrimonio etnográfico e social do seu contorno, senón co futuro das comarcas da nosa terra que fican lonxe dos grandes espazos urbanos.
Por certo que o dito festival, encamiñado tamén a sacar de cada galego e galega o friki (enténdase por friki un espírito libre) que leva dentro, vai ter lugar na parroquia da Hermida o vindeiro sábado ó longo de toda a xornada.
A listaxe de grupos convocados é ben interesante: Ruxe-Ruxe, Santa Compaña, Nunca Se Sabe & Kain233, Armadanzas e Ultraqäns, así como a presenza do chamado “Hendrix das Tarrañolas”, o senlleiro solista galego Cañita Brava. Asemade, haberá xogos e actividades ata para os gustos máis particulares e minoritarios. Por exemplo: un certame de leado de cigarros ou un campionato “posmoderno” que mestura o xogo da chave coa da Play Station. Amais, haberá zona de acampada de balde e está prevista a actuación da Banda de Gaitas O Recanto e da Charanga Os Veraneantes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha xornada centrada na robótica social e as emerxencias

27/11/2026
Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?