Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de cen expertos reunidos en FEUGA animaron ó sector privado galego a actuar en clave de I+D
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

Máis de cen expertos reunidos en FEUGA animaron ó sector privado galego a actuar en clave de I+D

Fernando Sarasketa
Publicado: 08/05/2008
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

feuga_apd_foro_innovacion.jpgA innovación en Galiza debe ser coma unha árbore con fondas raíces. E estas deben estar ben coidadas e ser fortes e amplas. O resto, virá por si só. Esta necesidade de asentar a I+D como alicerce de todo o que se faga no empresarial é unha das moitas conclusións ás que se chegou no Foro sobre innovación e medre empresarial celebrado este mércores en Santiago, na sede de FEUGA. No encontro, organizado pola Asociación para o Progreso da Dirección (APD), participaron máis de cen especialistas en medre empresarial procedentes de moi diversos eidos: do tecido privado (como o vicepresidente de Innovación de Capgemini, Peter Kroll, ou o director de Vendas da consultora F. Iniciativas, Carlos Stockfleth), do sector público (como o director xeral de I+D da Xunta, Salustiano Mato) ou do ámbito asociativo, como por exemplo o propio presidente de APD Noroeste, Honorato López Isla.
Foi precisamente o máximo responsable desta organización en Galiza un dos participantes no encontro que máis fixo fincapé na necesidade de incluír por defecto a Investigación e o Desenvolvemento (I+D) nos piares de calquera firma: “A innovación debe estar na base da actividade empresarial e non representar tan só casos puntuais que moitas veces cobren os ollos á situación real”, subliñou na cerimonia de clausura do acto. Ó longo da súa intervención, López Isla animou aos presentes a esculcar no miolo do problema do retraso de Galiza en materia de I+D con respecto ó máis avanzado de Europa e atopar respostas ó seguinte interrogante: “Que está a fallar na nosa terra para que se rexistren niveis tan baixos de innovación e todo iso malia dispor do coñecemento, o interese empresarial e os apoios públicos precisos?”.
Por este motivo, botou man do espírito crítico, agora máis que nunca necesario polo que ten de elemento construtor: “Debemos ser humildes e recoñecer que a engrenaxe aínda non está a funcionar como debera, co fin de ir mudando as cousas”. Para o director de APD Noroeste, é fundamental tender máis pontes dende o privado e o institucional cara as tres universidades e tirar partido do seu elevado potencial.
E nese punto, precisamente, coincidiu o reitor da Universidade da Coruña, José María Barja, quen tamén participou de xeito activo na clausura da xuntanza. Barja, de feito, situou ó sistema universitario galego como o noso principal motor de xeración de coñecemento.
Como dixemos, no foro celebrado en FEUGA tamén participou (entre outros) o director xeral de I+D, Salustiano Mato, quen subliñou a necesidade de seguir cara a adiante apostando pola I+D, malia que os seus froitos a todos os niveis, dende o máis fondo ata o máis superficial do tecido económico galego, non estean de xeito inmediato ó noso alcance. Co fin de asegurar a obtención deses resultados, é preciso que se implique ó máximo o tecido produtivo, subliñou. “Se non o fai, Galiza non poderá converxer cos niveis de innovación da UE”.
Na xuntanza organizada por APD tamén houbo unha ampla concorrencia de representantes do terceiro axente responsable do pulo á I+D, logo do institucional e o universitario: o empresarial. Así, persoeiros como Peter Kroll (Capgemini) ou Carlos Stockfleth (F. Iniciativas) lanzaron cadanseu chamamento ó eido privado galego co fin de animalo a tirar proveito de todo o relativo á Investigación e o Desenvolvemento: meirande liberdade de acción, máis competitividade e meirandes probabilidades de poñérmonos á cabeza do mercado (xa non se trata só de sobrevivir, senón de ser líderes, obxectivo perfectamente posible). A xuízo de Stockfleth non é certo que non existan axudas abondas para innovar dentro da propia compañía. De feito, moitas veces é aí onde se pon en xogo a propia capacidade de manobra da empresa: en localizar e botar man do meirande número de axudas dispoñibles dende os sectores públicos, non sendo Galiza unha excepción (tal e como se pode ver hoxe no propio portal de Código Cero e onde damos conta das novas axudas convocadas pola Xunta a este respecto).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?