Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Innovación e as universidades organizan unha xornada 2.0 sobre a nova ágora galega
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Innovación e as universidades organizan unha xornada 2.0 sobre a nova ágora galega

Fernando Sarasketa
Publicado: 09/05/2008
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

xornada_2.0_ourense.jpgSeguimos dando conta paseniño pero sen pausa dunha boa parte das actividades –e non son poucas– que este ano se encamiñan a poñer en valor dous conceptos de gran interese para Galiza, por separado (e sobre todo) xuntos: as nosas Letras e Internet. Unha destes eventos vai ser a Xornada 2.0, A nova ágora galega, un congreso presencial dirixido a conmemorar esta festividade dupla (ou tripla, mellor dito, xa que tamén se celebra o Día Mundial das Telecomunicacións) e do que está a informar a Consellería de Innovación. O encontro 2.0 desenvolverase o 14 de maio en colaboración coas tres universidades galegas na Escola de Informática do Campus de Ourense, e nel abordarase a aplicación das tecnoloxías web participativas en diferentes ámbitos.
As diferentes mesas desta xornada xirarán arredor do estado actual desta web social (esa que se apoia no “faino ti mesmo”) e das posibilidades que estas tecnoloxías están a abrir en ámbitos tan diversos como o desenvolvemento de aplicacións de software libre, a educación, os negocios ou a literatura. Entre as 9.45 e as 19:30 desenvolverase esta xornada incluíndo cinco áreas de discusión. Contarase coa participación de responsables universitarios, da Dirección Xeral da Sociedade da Información, escritores, empresas e bloggers.

Programa da xornada

  • 9:15 – 9:45: Recollida de credenciais.
  • 9:45 – 10:00: Apertura da xornada.
  • 10:00 – 11:15: Estratexias TIC na Administración e a Universidade, coa participación de Helena Veiguela, directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información da Xunta de Galicia; Pedro Rey, director da Oficina Web da USC; Víctor Manuel Carneiro, adxunto ao vicerreitor de Calidade e Novas Tecnoloxías da UdC; Anxo Manuel Sánchez, vicerreitor de Novas Tecnoloxías e Calidade da UVigo. A mesa estará moderada por José María Barja, reitor da UdC.
  • 11:15 – 12:15: As comunidades no desenvolvemento de proxectos de software libre, na que participan: Xurxo Cegarra de Wireless Galicia; Susana Álvarez de Redegal; Manuel Pacior de Ilumax Software; e Jordi Mas de OpenBravo. Modera Xesús Benítez Baleato, coordinador de Mancomun.org.
  • 12:15 – 12:45: Café.
  • 12:45 – 14:00: A empresa 2.0, coa participación de: Daniel Seijo de Weblogssl e coordinador de motorpasion.com; Berto Yáñez de Chuza!; Javier Martín de Loogic.com; e Álvaro Ibáñez ‘Alvy’ de Microsiervos. Modera Antonio Pérez Casas, asesor para a Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información.
  • 16:30 – 17:45: Aplicacións e experiencias educativas das redes sociais coa participación de: Daniel Martí de comunisfera.blogspot.com; Francesc Balagué de blocdeblocs.net; e Tíscar Lara de tiscar.com. Modera Pedro Cuesta Morales da UVigo.
  • 17:45 – 18:00: Café.
  • 18:00 – 19:15: Escritores na blogosfera con Rubén Ruibal (escritor, Premio Nacional de Literatura Dramática 2007); Xerardo Méndez (escritor); e Manuel Bragado (director xeral de Edicións Xerais de Galicia). Modera Domingo Docampo (ex reitor da UVigo e vogal do Consello da Cultura Galega).
  • 19:15 – Clausura.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha xornada centrada na robótica social e as emerxencias

27/11/2026
Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?