Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Ministerio Industria presenta o programa para celebrar o Día de Internet, máis social ca nunca
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

O Ministerio Industria presenta o programa para celebrar o Día de Internet, máis social ca nunca

Fernando Sarasketa
Publicado: 09/05/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

casa_america.jpgFóra de Galiza, o 17 de maio tamén é festa, pero por motivos en boa medida distintos. Dito doutro xeito: aquí nós celebramos as nosas Letras, a Internet e as Telecomunicacións, e no resto do Estado céntranse na segunda e na terceira conmemoración. Enleadas aparte, o certo é que unha boa parte desa festividade tecnolóxica virá da man do institucional, e, neste senso, o Ministerio de Industria –a través das súas extremidades en liña, Red.es e Plan Avanza– semella estar situándose como un dos entes máis activos.
A listaxe de eventos é ampla e todos eles teñen un denominador común: están dirixidos ao conxunto da cidadanía para concienciar sobre a importancia de integrar culturas, linguas e persoas arredor da Sociedade da Información.
Con todo, a base común das activades programadas vai alén do devandito: todas van encamiñadas a afondar na temática proposta pola Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT): Conexión das persoas con discapacidade: as oportunidades das TIC para todas e todos.
Ademais, centraranse no lema lanzado pola Asociación de Usuarios de Internet (AUI): As redes sociais como eixe central do Día de Internet 2008.
Os actos celebraranse na Casa de América de Madrid (na imaxe) e desenvolveranse entre o 12 e o 17 de maio.
· Luns 12 de maio ás 11.30. Mesa redonda: Integración das culturas na Sociedade da Información. Participan: Carolina Godayol, Directora xeral de NBC Universal Global Networks España; Ismael El-Qudsi,.director de Novos Servizos de Havas Digital e Carlos Jean, compositor e produtor musical galego.
· Luns 12 de maio ás 17.00. Mesa redonda: presentación de proxectos Plan Avanza para o colectivo de inmigrantes. Preséntanse Educatur, Inmigrantes.tic e www.inmigraciondigital.es.
· Martes 13 de maio. Mesa redonda: presentación proxectos Plan Avanza para o colectivo de mulleres. Preséntanse www.romi.net (mulleres xitanas e Rede) e Esfer@, entre outras iniciativas.
· Mércores 14 de maio ás 17.00. Mesa redonda: presentación Plan Avanza para maiores e discapacitados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha xornada centrada na robótica social e as emerxencias

27/11/2026
Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?