Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un software galego para loitar contra a falsificación, premiado pola USC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

Un software galego para loitar contra a falsificación, premiado pola USC

Fernando Sarasketa
Publicado: 22/05/2008
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

usc_oitavos_premios_innovacion.jpgFeita a Rede (con millóns de internautas en liña e millóns de documentos viaxando de aquí para alá, moitos deles de natureza especialmente privada), feita a necesidade de protexela. Que significa todo isto? Pois en boa medida que para cada usuario da Internet sempre hai -como mínimo- outro usuario para suplantalo. De protexer a información é do que trata precisamente o proxecto gañador do primeiro premio da oitava edición do Concurso de Proxectos Empresariais convocado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). A empresa recoñecida co galardón (nada ó abeiro da incubadora da Cámara de Comercio de Vigo) chámase Bit Oceans e está dirixida por un investigador novo da Universidade de Vigo, Alberto Malvido, e dous mestres da USC, Fernando Pérez e Óscar W. Márquez.
A firma, tan nova coma este ano en curso, vén de presentar o software Fividoc, unha ferramenta deseñada para cubrir boa parte das necesidades de seguridade dunha entidade calquera que distribúa documentos oficiais, ben sexa do eido público ou do privado.
Segundo indicaron os seus responsables, con Fividoc fica resolto o problema da falsificación documental e todo sen que sexa preciso incorporar unha longa listaxe de equipos tecnolóxicos informáticos. De feito, din, só se requiren impresoras e escáneres sen máis para atopar os fraudes no contido mesmo dos documento ou para protexelos xa previamente.
A tecnoloxía, engaden, permitirá amais a obtención telemática de documentación oficial, documentos de identificación, compulsa dixital e verificación automática de documentación. Por este e outros motivos, Bit Oceans obtivo finalmente o primeiro premio do certame, dotado con 9.000 euros e encamiñado a darlle azos á innovación e ao espírito emprendedor entre a mocidade galega alí onde se atope.
Con todo, a USC deu a coñecer máis galardóns. Como por exemplo os que foron dar a mans de Xenotech Laboratorios (5.000 euros) e Paralaxe (2.000), segundo e terceiro premio do certame, respectivamente. Por certo que Xenotech concorreu nos premios cun servizo integral de análise e consultaría de calidade e seguridade alimentaria e do medio ambiente, mentres que Paralaxe fíxoo cunha proposta para a produción e para a distribución de produtos multimedia de realidade virtual, “empregando procesos que achegan un grao de flexibilidade e rapidez superior á media do mercado actual”. Segundo indica a USC, o proxecto xira arredor dunha web colaborativa destinada que ofreza os mellores prazos de deseño dos proxectos. Detrás desta iniciativa están os profesores de Electrónica e Computación José Manuel Cotos Yáñez e Julián Flores González e os investigadores do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da USC Ramón Martín Calderero e Vanesa Sobadrelo.
No que atinxe á categoría de Empresa Xove, o xurado salientou finalmente a proposta de IDM Maquinaria Automatizada, premiando (asemade) á firma Inbiogal na categoría Muller Emprendedora. Polo que respecta á modalidade Proxecto Medioambiental, foi a empresa Sonen quen obtivo finalmente o recoñecemento. Estes tres últimos recibiron 2.000 euros cadanseu.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?