Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A sección software do grupo galego Vindeira deu a coñecer os seus proxectos en Madrid
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

A sección software do grupo galego Vindeira deu a coñecer os seus proxectos en Madrid

Fernando Sarasketa
Publicado: 23/05/2008
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vindeira_madrid.jpgA tecnoloxía galega vaise fóra. Ou, mellor dito: estende o seu eido de acción. Disto, de darse a coñecer noutros espazos (un dos fins últimos de calquera innovación e desenvolvemento) é do que tratou a concorrencia do grupo TIB de Vindeira nas xornadas Living CMMi celebradas en Madrid, uns encontros organizados por Sopra-Profit (socio en España dunha das entidades que máis traballan no mundo a prol da mellora da programación: Software Engeneering Institute).
A xuntanza, celebrada o pasado 20 de maio, contou desta volta coa participación de Eads-Casa, Daimler-Mercedes ou RSI. Todas estas compañías, xunto co grupo Vindeira (entidade galega de colaboración empresarial da que temos falado xa nesta mesma web), afondaron polo miúdo nas súas experiencias en traballos de enxeñería de software segundo o modelo CMMi, indo os seus froitos encamiñados a sectores como a construción aeronáutica ou a automoción.
Enrique de Miguel, coordinador do devandito grupo TIB, foi o encargado de dar a coñecer os traballos galegos a través do relatorio Vindeira: orientación de 10 pemes tecnolóxicas galegas á excelencia software e á creación de software en rede baixo o modelo CMMi. Sinalar que os proxectos destas dez compañías asociadas (baixo o contorno de Small Settings) estarán en breve falando polo miúdo dos seus proxectos no co congreso europeo SEPG2008 en Múnic. Nesta cita está previsto que se afonde nos resultados da proposta liderada polas empresas galegas 2Mares, Aldaba, Altia, Bahia Software, Imaxin, Igalia, Lambdastream, Sat Data e Shylex, todas elas cooperando no devandito grupo TIB da plataforma galega Vindeira.
Polo que respecta ó evento de Madrid, dicir que (tal e como sinala o propio Enrique de Miguel no blog do proxecto) serviu entre outras cousas para dar a coñecer algúns dos froitos do dito consorcio (chamado Excelencia Software 200), encamiñado a crear unha imaxe de marca das compañías integrantes a nivel nacional e internacional, “así como fomentar o xurdimento da masa crítica das empresas galegas que poidan participar en grupo na xeración de produtos software”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha xornada centrada na robótica social e as emerxencias

27/11/2026
Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?