Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta premia o labor da investigación galega arredor da orixe do universo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

A Xunta premia o labor da investigación galega arredor da orixe do universo

Fernando Sarasketa
Publicado: 28/05/2008
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

premios_innovacion_2008.jpgA investigación sobre as nosas orixes non só achega luz sobre o que somos, senón que tamén subministra claves para enxergar o futuro e mesmo para condicionar o presente de cara a un porvir non tan catastrófico –climática, socialmente- como cumpriría agardar. Sobre isto precisamente, sobre afondar na orixe do universo e na interacción das chamadas partículas elementais apóiase unha boa parte do traballo do doutor Carlos Pajares, recoñecido onte pola Xunta co Premio Galicia de Investigación, certame convocado cada ano co fin de recoñecer o labor científico en Galiza.
O xurado dos galardóns, que foron entregados no Hotel Monumento San Francisco de Santiago nunha gala que contou coa presenza da conselleira de Educación (Laura Sánchez Piñón), tamén salientou cun premio ex aequo o traballo dos doutores Miguel Ángel Correa (doutor en Químicas) e Roberto López Valcarce (doutor enxeñeiro en Telecomunicacións).
O acto final do certame 2008, que xa vai pola súa décima convocatoria, tamén contou coa participación de Salustiano Mato, director xeral de I+D (departamento organizador), entre outros persoeiros do eido científico, institucional e académico galego. Os galardóns 2008, que este ano foron promovidos baixo a modalidade Premios Antonio Casares y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica, veñen dotados con 38.000 euros na categoría sénior e con 7.000 na categoría de investigadores mozos.
Na imaxe (de El Correo Gallego), premiados e convocantes xa na recta final de entrega de galardóns.
A orixe do universo
Carlos Pajares Vales (Madrid, 1945) é doutor en Física e catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, da que foi reitor entre 1984 e 1990. Destaca o seu traballo investigador no campo das partículas elementais e é recoñecido internacionalmente o valor das súas achegas no campo das interaccións partícula-núcleo e materia a alta densidade. Carlos Pajares centrou a súa investigación na orixe do universo e en como reproducir experimentalmente este fenómeno mediante aceleradores. Foi o primeiro decano da Facultade de Física da Universidade de Santiago así como o responsable de formar o Departamento de Física de Partículas Elementais. O grupo de investigación de materia de alta densidade co que traballa na actualidade está considerado como un dos máis destacados deste campo.
Resultados de investigacións de Carlos Pajares, como o teorema self-shadowing , a absorción da partícula J en núcleos e as interaccións de campos de color correspondentes a diversas fontes formando a percolación de cordas, tiveron unha ampla difusión e o recoñecemento internacional a través dos traballos publicados en diversos países.
O novo Premio Galicia de Investigación é autor de máis de 130 artigos de investigación publicados nas mellores revistas especializadas, así como doutros 45 artigos como resultado de conferencias e congresos. Publicou ademais os libros Interacción a las interacciones fuertes e Relativistic Nuclear Interactions.
Carlos Pajares é membro de diversas comisións e comités científicos. Foi vicepresidente da Real Sociedade Española de Física, asesor da Unión Europea sobre plans de estudo de Física, membro do comité científico Outreach do Centro Europeo de Partículas Elementais. Formou parte ademais dos consellos asesores da Enciclopedia Galega, da Revista Galega do Ensino e da Revista Española de Física, así como da sección de Ciencia e Sociedade do Consello da Cultura de Galicia.
O Premio Galicia de Investigación únese a outros recoñecementos recibidos con anterioridade: foi nomeado Cabaleiro da Orde das Palmas Académicas, distinción concedida polo goberno francés, e recibiu o Premio Xunta de Galicia de Divulgación Científica en 1994 e a Medalla de Ouro da Real Sociedade Española de Física en 2000.
Nanotecnoloxía e telecomunicacións
Na categoría de investigador mozo, o xurado decidiu conceder o Premio ex aequo a Miguel Ángel Correa e a Roberto López Valcarce debido á excelencia demostrada polos dous candidatos, o primeiro na investigación en nanotecnoloxía e o segundo polo seu traballo no campo das telecomunicacións.
Miguel Ángel Correa (1971) licenciouse en Ciencias Químicas na Universidade de Santiago de Compostela en 1997 e doutorouse na mesma especialidade na Universidade de Vigo en 2002. Como investigador centra o seu traballo no campo da nanotecnoloxía, concretamente no desenvolvemento de novos materiais multifuncionais para aplicacións en diferentes sectores.
Miguel Ángel Correa realizou estadías en centros de investigación de Estados Unidos e Alemaña. Actualmente é investigador principal do proxecto “Funcionalización de nanotubos de carbono para aplicacións como biosensores e microrreactores”, financiado pola Xunta de Galicia. Publicou 30 artigos en revistas especializadas e no último ano foi censor científico de máis de sesenta traballos en publicacións internacionais.
Pola súa banda, Roberto López Valcarce (Ponferrada, 1971) é doutor enxeñeiro de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, na que exerce como profesor contratado desde 2006, formando parte do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións. O seu traballo investigador desenvólvese na área do procesado da sinal, principalmente na súa aplicación ás comunicacións dixitais e na eliminación das distorsións producidas en procesos de transmisión.
Especializouse no campo da transmisión de sinal nun máster realizado na Universidade de Iowa (Estados Unidos), na que tamén se doutorou no ano 2000 e exerceu como investigador e profesor axudante.
No ano 2005 un artigo publicado nunha revista especializada da área das telecomunicacións, foi recoñecido como o mellor artigo publicado sobre procesado de sinal polo IEEE (Institute of Electronic and Electric Engineers). Publicou preto de 30 artigos máis e participou no libro Comunicaciones Digitales (Pearson Educación, 2007).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?