Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Convocada pola Rede unha nova Marcha Ciclonudista na Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Convocada pola Rede unha nova Marcha Ciclonudista na Coruña

Fernando Sarasketa
Publicado: 30/05/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ciclonudistas_coruna.jpgA Internet volve dar os seus froitos en materia de convocatorias encamiñadas a poñer de manifesto males sociais, políticos e económicos da actualidade. No caso que imos a falar, do que se trata é de reforzar (en liña e no presencial) o compromiso contra o uso a esgalla de combustibles derivados do petróleo para o transporte, máis polo miúdo o emprego en espazos urbanos, onde se evidencia máis que nunca innecesario a moitos niveis (por exemplo: a nivel de uso particular, sendo máis fondas as vantaxes de moverse a pé ca en automóbil).
O caso é que a Coruña vai ser escenario dunha nova mobilización nada ó abeiro da Internet, a segunda edición da súa Marcha Ciclonudista (amais da quinta a nivel mundial), encamiñada a facer uso de certos recursos visuais (o feito de pedalear espido ou espida nunha bici polas rúas non causa indiferenza) para denunciar o devandito problema da sobrepresenza do coche privado.
Mais, porque se lle declara a guerra a esta práctica de coller o automóbil para desprazármonos a todos os recantos das cidades? Segundo a organización convocante, o foro galego de Masa Crítica, o coche privado non só colapsa os espazos urbanos, converténdoos en lugares hostís e perigosos senón que tamén mata. De xeito directo (atropelando ós peóns e acabando tamén coa vida dos ocupantes) e de xeito indirecto (contribuíndo ós intereses das multinacionais belicistas do petróleo).
Por certo que a marcha da Coruña, que se celebra o sábado 7 de xuño e que ten como punto de partida a praza de María Pita ás 12 horas, non vai ser a única do Estado en que se celebre o evento. Amais de na dita cidade, hai convocatorias en Zaragoza, Madrid, Barcelona, Iruña, Huesca, A Coruña, Alacant, Murcia, Valladolid, Valencia, Granada, Santander, Cuenca e Salamanca.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha xornada centrada na robótica social e as emerxencias

27/11/2026
Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?