O Xulgado de Instrución nº 4 de Cartaxena sobreseu o caso contra os responsables da web Elitedivx.com por considerar que a publicación de ligazóns a ficheiros en redes P2P «non se pode considerar un acto de comunicación pública de conformidade co principio de taxatividade penal», ou sexa, que as webs que funcionan coma punto de encontro de usuarios de redes coma eMule ou BitTorrent non serían delictivas en España pese a que se financien mediante banners pois «o beneficio non vén dos actos de comunicación senón da inserción de publicidade nas canles de intermediación» o que supón unha interpretación da lexislación que podería botar por terra moitos dos argumentos dos representantes das entidades de xestión de dereitos de autor.
Cómpre detallar que a falta de delito non implica a legalidade destes servizos, pois a vulneración dos dereitos de explotación dos titulares dos dereitos de propiedade intelectual existentes sobre as obras afectadas si podería resolverse pola vía civil, polo que as entidades de xestións terán que ir por ese camiño no futuro, o que tamén reducirá en grande medida as sancións que se poderían impor aos responsables deste tipo de páxinas web.
Sobresén a causa xudicial contra Elitedivx.com
Compartir Este Artigo
