Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O uso de móbiles para acceder ás redes sociais dispárase en España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Telefonía

O uso de móbiles para acceder ás redes sociais dispárase en España

Fernando Sarasketa
Publicado: 10/06/2008
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

facebook_mobiles.jpgEn España a Rede non acaba de atopar total afianzamento (en boa medida por motivos estruturais, polo seu excesivo custo con respecto ao resto de Europa e tamén polo propio xeito de vida dos seus habitantes) pero non ocorre o mesmo cos móbiles. A xulgar polos diversos estudos publicados ao respecto, non só se mercan moitos móbiles senón que, os que se mercan, aprovéitanse ata na súa máis recóndita función.
Segundo unha investigación de Nielsen Mobile, o país xa é líder en Europa dun ranking que probablemente lles vai ter sen coidado a todos aqueles que non teñen implicación directa cunha operadora, cun fabricante ou cos responsables dunha comunidade en liña: é primeira no emprego de redes sociais nos móbiles.
Na investigación, realizada en España, Francia, Alemaña, Italia, Reino Unido e Estados Unidos, tamén hai datos a nivel xeral sobre o acceso a redes sociais a través do dito aparello: arredor de un usuario de cada tres xa está inscrito en un ou máis servizos de comunidade co fin de empregar o terminal para acceder á súa propia conta e ver e enviar mensaxes, imaxes ou engadir amizades.
De todos os países enquisados, España vai en cabeza cun 50% de porcentaxe de uso do móbil para acceder a redes como Facebook ou MySpace.com (a de maior presenza en EE UU), estando a taxa máis baixa en Alemaña cun 15%. A xuízo dos responsables da investigación, esta deixa ás claras a seguinte realidade a curto e medio prazo: estamos a piques de entrar nun ciclo novo a mundial no eido das telecomunicacións, cunha Sociedade da Información con cada vez máis portas e menos atrancos e con dispositivos especialmente deseñados para unha serie de funcións onde facer unha simple chamada xa non é –de todas elas- o máis importante.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Telefonía

WhatsApp facilitará a contratación de tarxetas eSIM de viaxe

27/11/2026
Telefonía

Galicia, á cabeza das comunidades que concentrarán maior número de emprazamentos 5G

17/11/2026
Telefonía

Telefónica deixará de ser a operadora obrigada a prestar o servizo universal de telecomunicacións

06/11/2026
Telefonía

R levará a 5G con Orange a lugares moi illados de Galicia

30/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?