O Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole, está a ser o encargado de acoller a edición 2008, a sétima, da Conferencia Internacional da Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE). O evento, que se desenvolve entre hoxe e mañá día 6, constitúe en boa medida un novo pulo ao complexo galego –que cumpre 15 anos de actividade- como punto de encontro dos axentes da innovación. A xuízo dos axentes organizadores (o dito parque e a Consellería de Industria) a xuntanza preséntase como unha oportunidade inmellorable dar conta dos froitos recollidos pola Tecnópole ao longo dos seus 25 anos de historia e para atopar novas canles para a presentación dos mesmos. Precisamente ese será un dos grandes obxectivos da reunión, que ten tres sedes oficiais (Hotel AC de Allariz, o Auditorio de Ourense e a Tecnópole): tirar partido de dúas xornadas de constantes encontros científico-empresariais.
programa_apte.pdfPor certo que está previsto que o enclave de innovación galego acolla nesta convocatoria da Conferencia Internacional da APTE a máis de oitenta xestores e técnicos de parques científicos e tecnolóxicos de todo o Estado español.
Entre a listaxe de visitantes hai expertos de renome internacional no eido das redes e o corporativo. É o caso de Tapan Munroe, especialista na economía do Silicon Valley e asesor de varios bancos do Val Central de California en temas relacionados coa planificación económica, financeira e empresarial; e de Michel-Eric Dufeil, responsable de desenvolvemento rexional da Dirección Xeral de Política Rexional da Unión Europea.
Máis de 80 xestores da innovación de toda España reúnense a partir de hoxe na Tecnópole
Compartir Este Artigo

