
Asemade, o evento tamén acolleu a presentación e desenvolvemento na Coruña das Xornadas Empresas en Rede, encamiñadas tamén a reforzar a produtividade e máis a competitividade das pemes e dos autónomos pola vía do dixital. Ou sexa, que a idea é fomentar a presenza das TIC para que as empresas gañen en rendibilidade e aforren custos na súa xestión diaria e nos seus labores de promoción e comunicación con clientes e provedores.
Como dixemos, a actividade de hoxe na Coruña terá continuidade os días vindeiros: en Ourense mañá mesmo e en Lugo o día 2 de decembro. A intención de Red.es é celebrar as Xornadas Empresas sen Rede e os obradoiros de NEW en todas as provincias galegas como parte do plan estatal que inclúe 104 sesións de traballo e que se desenvolverá ata decembro de 2009 en toda España.
Volvendo á actividade dupla celebrada hoxe na Coruña, dicir que se desenvolveu perante a presenza dun bo número de empresarios locais ao longo de catro horas de sesións de tipo teórico e práctico. Na xornada, entre outros temas, abordouse a xestión eficaz dos diferentes procesos empresariais ou o control dixital da carteira de clientes. Tamén se fixo fincapé no emprego axeitado e rendible de ferramentas tecnolóxicas como por exemplo a sinatura dixital, os sistemas de mobilidade (PDAs) ou a banca electrónica.
Red.es dá comezo ao seu itinerario de divulgación dixital pola nosa terra
Compartir Este Artigo

