
No programa de accións atopamos bos exemplos da man dos museos científicos da Coruña ou mesmo do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), por falar de quen toca temáticas propias do eido dixital e/ou científico. No caso deste último centro de investigación, situado no Campus Sur de Santiago, sinalar que a súa achega para a Semana da Ciencia consiste entre outras cousas nunha gran xornada continua de portas abertas, a desenvolver ata o 21 de novembro e en horario de 10.00 a 18.00 horas.
Segundo sinala o propio CESGA, estes encontros co público en xeral (sobre todo coa mocidade galega pre-científica) constitúen unha ocasión para que alumnos de educación secundaria e os de bacharelato coñezan de primeira man o labor desenvolvido polo Centro, amais das instalacións e o equipamento tecnolóxico posto en xogo. As visitas dos grupos, que non deberán ser maiores de 20 persoas, apóianse en presentacións sobre o miolo do traballo realizado no CESGA e os seus obxectivos. Para máis información, cómpre pórse en contacto con Fernando Bouzas, responsable de comunicación do Centro, a través do seguinte número de teléfono: 981 569 810.
O CESGA, de portas abertas para a mocidade galega ata o 21 de novembro
Compartir Este Artigo

