
A plataforma Windows Azure pretende entregar unha experiencia de desenvolvemento rica, un servizo de administración automatizado e unha escala de prezos nas que o cliente pague só polo que consume, modelo de negocio que Microsoft quere explotar a través da súa rede de partners, a través dos que aplicarán promocións e descontos para axudar á creación de solucións que permitan chegar ao mercado máis rápido, con menor complexidade técnica e incrementando as oportunidades de beneficio.
A política de prezos que Microsoft aplicará en Azure será clara e incluso permitirá definir a elasticidade do sistema de cara a un potencial incremento de uso e para reducir as barreiras de entrada.
Bob Muglia asegurou que Azure pode «reducir o custo total de propiedade ata un 60% para certas cargas de traballo durante un período de 3 anos», lembrando que a plataforma Windows Azure está enfocada á achega de servizos e aplicacións web, e groso modo teriamos que os prezos anunciados por Microsoft serían de 12 céntimos/hora por computación, 15 céntimos/Gb de almacenamento, 10 céntimos por cada 10.000 transaccións de almacenamento e entre 10 e 15 céntimos por gigabyte de transferencia. Para bases de datos SQL Azure, Microsoft cobrará 9,99 dólares pola edición web básica (con 1 Gb de almacenamento) e 99,99 dólares pola Business Edition (con 10 Gb de capacidade).
Microsoft tamén prometeu que o servizo de computación terá unha garantía de dispoñibilidade do 99,95% a nivel de computación e conectividade e do 99,9% para o almacenamento.
Presentan o modelo de negocio de Windows Azure
Compartir Este Artigo
