Hai pouco máis dun mes, Facebook comezou a permitir a personalización dos seus nomes de usuario, de xeito que os perfís dentro desta plataforma de redes sociais deixaban de estar identificados exclusivamente por un número, podendo definirse unha expresión alfanumérica coma identificador (moito máis doado de lembrar) o que Tuenti aínda non permite… parcialmente, pois agora existe un servizo de redireccións que pode resultar de utilidade para os que queiran remitir aos seus amigos ao seu enderezo nesta plataforma tan popular entre a mocidade española. O novo servizo e TuentID, e permite que, incluso sen rexistro, poidamos asociar un número de usuario en Tuenti cun nome de usuario, de xeito que agora, para acceder a un enderezo coma www.tuenti.com/#m=Profile&func=index&user_id=63927342, podemos abreviar visitando tuentid.com/xurxo.
Esta iniciativa non parte de Tuenti, senón que é obra de Rubén Díaz Alonso, un usuario de Tuenti que recoñece que fixo esta acurtador de enderezos web especializado por simple aburrimento e para experimenta cómo sería a reacción ante este proxecto, que parece estar a ser moi ben acollido polo momento.
TuentID permite asignar enderezos web atractivos para os perfís de Tuenti
Compartir Este Artigo
