Unha enquisa elaborada entre 1.000 afeccionados á música reflicte que oss rapaces de entre 14 a 18 anos xa non descargan cancións a través de redes P2P senón que optan por utilizar plataformas de streaming coma Spotify ou mesmo YouTube.
Os mozos que recorrerían ás descargas por Internet en xaneiro deste ano sería de só o 26%, mentres que en decembro de 2007 eran o 42% os que admitían realizar tal práctica, o que supón un cambio de tendencia radical, que confirmaría o que moitos críticos das entidades de xestión comentan dende hai anos: as redes P2P tratan de atender unha demanda do público ante o inmobilismo das discográficas.
Sobre o uso do streaming, o 18% dos consultados farían uso desta tecnoloxía para escoitar música diariamente, mentres que no grupo de adolescentes a porcentaxe subiría ao 31%, e se relaxamos o parámetro da regularidade chegariamos con que o 65% dos mozos escoitan música en streaming con frecuencia.
Pero o traslado do P2P ao streaming non é directo, e na actualidade a xente comparte música por diversas canles, como a través de conexións Bluetooth ou en blogs, pero en liñas xerais podería asegurarse que a piratería musical a través da Internet non está en crecemento constante grazas á aparición dunha mellor oferta musical legal, aínda que os novos modelos de negocio coma Spotify aínda non demostraron a súa viabilidade económica (o servizo, con 2 millóns de usuarios rexistrados, aínda non é rendible).
Un estudo sostén que os mozos deixan as descargas musicais en favor do streaming
Compartir Este Artigo
